Cantigas de Santa Maria/CDI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDI


Esta é petiçon que fezo el Rey a Santa Maria.

Macar poucos cantares acabei e con son,
Virgen, dos teus miragres, peço-ch' ora por don
que rogues a teu Fillo Deus que el me perdon
os pecados que fige, pero que muitos son,
e do seu parayso non me diga de non,
nen eno gran juyzio entre migu' en razon,
nen que polos meus erros se me mostre felon;
e tu, mia Sennor, rogall' agora e enton
muit' afficadamente por mi de coraçon
e por este serviço dá-m' este galardon.

Pois a ti, Virgen, prougue que dos miragres teus
fezess'ende cantares, rogo-te que a Deus,
teu Fillo, por mi rogues que os pecados meus
me perdon e me queira reçebir ontr' os seus
no santo parayso, u éste San Matheus,
San Pedr' e Santi[a]go, a que van os romeus,
e que en este mundo queira que os encreus
mouros destruyr possa, que son dos Filisteus,
com' a seus emigos destruyu Machabeus
Judas, que foi gran tenpo cabdelo dos judeus.

E al te rog' ainda que lle queyras rogar
que do diab' arteiro me queira el guardar,
que punna todavia pera om' enartar
per muitas de maneiras, por faze-lo peccar,
e que el me dé siso que me poss' amparar
dele e das sas obras, con que el faz obrar
mui mal a queno cree e pois s'en mal achar,
e que contra os mouros, que terra d'Ultramar
ten e en Espanna gran part' a meu pesar,
me dé poder e força pera os en deitar.

Outros rogos sen estes te quer' ora fazer:
que rogues a teu Fillo que me faça viver,
per que servi-lo possa, e que me dé poder
contra seus emigos e lles faça perder
o que ten forçado, que non deven aver,
e me guarde de morte per ocajon prender,
e que de meus amigos veja senpre prazer,
e que possa mias gentes en justiça ter,
e que senpre ben sábia enpregar meu aver,
que os que mio fillaren mio sábian gradeçer.

E ainda te rogo Virgen, bõa Sennor,
que rogues a teu Fillo que, mentr' eu aqui for
en este mundo, queira que faça o mellor,
per que del e dos bõos sempr' aja seu amor;
e, pois Rey me fez, queira que reyn' a seu sabor,
e de mi e dos reynos seja el guardador,
que me deu e dar pode quando ll' en prazer for;
e que el me deffenda de fals' e traedor,
e outrossi me guarde de mal consellador
e d'ome que mal serve e é mui pedidor.

E pois ei começado, Sennor, de te pedir
merçees que me gães, se o Deus por ben vir,
roga-lle que me guarde de quen non quer graçir
algo que ll' ome faça neno ar quer servir,
outrossi de quen busca razon pera falir,
non avendo vergonna d'errar nen de mentir,
e [de] quen dá juyzio seno ben departir
nen outro gran consello sen ant' i comedir,
e d'ome mui falido que outro quer cousir,
e d'ome que mal joga e quer muito riir.

Outrossi por mi roga, Virgen do bon talan,
que me guard' o teu Fillo daquel que adaman
mostra sempr' en seus feitos, e daqueles que dan
pouco por gran vileza e vergonna non an,
e por pouco serviço mostran que grand' affan
prenden u quer que vaan, pero longe non vam;
outrossi que me guardes d'ome torp' alvardan,
e d'ome que assaca, que é peor que can,
e dos que lealdade non preçan quant' un pan,
pero que sempr' en ela muito faland' estan.

E ainda te rogo Sennor espirital,
que rogues a teu Fillo que el me dé atal
siso, per que non caia en pecado mortal,
e que non aja medo do gran fog' infernal,
e me guarde meu corpo d'ocajon e de mal
e d'amig' encuberto, que a gran coita fal,
e de quen ten en pouco de seer desleal,
e daquel que se preça muit' e mui pouco val,
e de quen en seus feitos sempr' é descomunal.
Esto por don cho peço, e ar pidir-ch-ei al:

Sennor Santa Maria, pois que começad' ey
de pedir-che merçee, non me departirey;
poren te rog' e peço, pois que teu Fillo Rey
me fez, que del me gães siso, que mester ey,
con que me guardar possa do que me non guardey,
Per que d'oj' adeante non erre com' errey
nen meu aver enpregue tam mal com' enpreguey
en algus logares, segundo que eu sey,
perdend' el e meu tenpo e aos que o dey;
mas des oi mais me guarda, e guardado serey.

Tantas son as merçees, Sennor, que en ti á,
que porende te rogo que rogues o que dá
seu ben aos que ama, ca sey ca o fará
se o tu por ben vires, que me dé o que ja
lle pedi muitas vezes; que quando for alá
no parayso, veja a ti sempr' e acá
mi acorra en mias coitas por ti, e averá
me bon galardon dado; e sempre fiará
en ti quen souber esto e mais te servirá
por quanto me feziste de ben, e t'amará.