Cantigas de Santa Maria/CDXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CDXXII


Esta .XII. é de como Santa Maria rogue por nos a seu Fillo eno dia do juyzio.

Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

U verrá na carne que quis fillar de ty, Madre,
joyga-lo mundo cono poder de seu Padre.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill'essa ora.

E u el a todos pareçerá mui sannudo,
enton fas-ll' enmente de como foi conçebudo.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

E en aquel dia, quand' ele for mais irado,
fais-lle tu emente com' en ti foi enserrado.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill'essa ora.

U verás dos santos as compannas espantadas,
mostra-ll' as tas tetas santas que ouv' el mamadas.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

U ao juyzio todos, per com' é escrito,
verrán, di-lli como con el fugisti a Egito.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill'essa ora.

U leixarán todos os viços e as requezas,
di-lle que sofriste con el[e] muitas pobrezas.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

U queimará fogo serras [e] vales e montes,
di com' en Egipto non achast' aguas nen fontes.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill'essa ora.

U verás os angeos estar ant' ele tremendo,
di-lle quantas vezes o tu andast' ascondendo.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

U dirán as tronpas: Mortos, levade-vos logo»,
di-ll' u o perdiste que ta coita non foy jogo.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

U será o ayre de fog' e de suffr' aceso,
di-ll' a mui gran coita que ouviste pois foi preso.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

U verrá do çeo sõo mui fort' e rogido,
di-ll' o que soffriste u d'açoutes foi ferido.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

U terrán escrito nas frontes quanto fezeron,
di-ll' o que soffriste quand' o ena cruz poseron.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

E quando ss' iguaren montes [e] vales e chãos,
di-ll' o que sentiste u lle pregaron as mãos.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

E u o sol craro tornar mui negro de medo,
di-ll' o que sentiste u beveu fel e azedo.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

E du o mar grande perderá sa semellança,
di-ll' o que soffriste u lle deron cona lança.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

E u as estrelas caeren do firmamento,
di-ll' o que sentiste u [foi] posto no monumento.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

E du o inferno levar os que mal obraron,
di-ll' o que sentiste u o sepulc[r]o guardaron.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

E u todo-los reys foren ant' el omildosos,
di-lle como ves deles dos mais poderosos.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

E u mostrar ele tod' estes grandes pavores,
fas com' avogada, ten voz de nos pecadores,
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.

Que polos teus rogos nos lev' ao parayso
seu, u alegria ajamos por senpr' e riso.
Madre de Deus, ora por nos teu Fill' essa ora.