Cantigas de Santa Maria/CLXXXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXXIII


Esta é dun miragre que mostrou Santa Maria en Faaron quando era de mouros.

Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz
dela mal a ssa omagen, e caomia-llo assaz.

Desto direi un miragre que fezo en Faaron
a Virgen Santa Maria en tenpo d' Aben Mafon,
que o reino do Algarve ti' aquela sazon
a guisa d' om' esforçado, quer en guerra, quer en paz.
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz...

En aquel castel' avia omagen, com' apres' ei
da Virgen mui groriosa, feita como vos direi
de pedra ben fegurada, e, com' eu de cert' achei,
na riba do mar estava escontra ele de faz.
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz...

Ben do tempo dos crischãos a sabian y estar,
e porende os cativos a yan sempr' aorar,
e Santa Mari' a vila de Faaron nomar
por aquesta razon foron. Mas o poboo malvaz
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz...

Dos mouros que y avia ouveron gran pesar en,
e eno mar a deitaron sannudos con gran desden;
mas gran miragre sobr' esto mostrou a Virgen que ten
o mund' en seu mandamento, a que soberva despraz.
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz...

Ca fez que niun pescado nunca poderon prender
enquant' aquela omagen no mar leixaron jazer.
Os mouros, pois viron esto, fórona dali erger
e posérona no muro ontr' as amas en az.
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz...

Des i tan muito pescado ouveron des enton y,
que nunca tant' y ouveran, per com' a mouros oý
dizer e aos crischãos que o contaron a mi;
poren loemos a Virgen en que tanto de ben jaz.
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz...