Cantigas de Santa Maria/CXLI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXLI


Como Santa Maria acorreu a un monge seu que a servia e que ficava os gollos cada que
ementavan o seu nome na eigreja e beijava a terra.

Quen muit' onrrar o nome da Sennor conprida,
dar-ll-á en este mundo e no outro vida.

Dar-ll-á en este mundo vida e saude
e depois Parayso, assi Deus m' ajude,
u verá el e ela e ssa gran vertude
e ssa onrra, que nunca mais será falida.
Quen muit' onrrar o nome da Sennor conprida...

Desta razon vos quer' un miragre preçado
contar dun santo monge mui ben ordado
que, se nome da Virgen ll' era ementado,
dos gollos en terra dava gran ferida.
Quen muit' onrrar o nome da Sennor conprida...

E a terra beyjava u esto fazia,
chorando e dizendo log': «Ave Maria»;
e sempr' usava esto que [y] non falia,
que sol non y fillava null' outra medida.
Quen muit' onrrar o nome da Sennor conprida...

El usand' aquesto, foi muit' envellecendo
e a carn' e os nenbros tant' enfraquecendo,
que u ss' agollava caya decendo
toste e non podia faze-la subida.
Quen muit' onrrar o nome da Sennor conprida...

Aqueste feito soube Iogo seu abade,
que bon om' era, e ouv' en gran piadade
e a dous monges disse: «Oy mais aguardade
est' outro de caeda fazer escarnida.»
Quen muit' onrrar o nome da Sennor conprida...

Un dia ll' avo que u s' agollava
e niun dos monges enton y non estava,
e caeu en terra e con coita choraya
e chamou a Virgen; e log' y foi vida,
Quen muit' onrrar o nome da Sennor conprida...

Que o ergeu mui toste pela destra mão,
des i ar fez-lle sinal que logo de chão
o seu altar beijasse, e seria são
e ssa vellece lle seria conssomida.
Quen muit' onrrar o nome da Sennor conprida...

E el enton de grado foi beija-los panos,
e tornou tan mancebo come de vint' anos;
e por est' aa Virgen grandes adianos
deu, porque os que ama nunca os obrida.
Quen muit' onrrar o nome da Sennor conprida...

Mais depois o abade nen aquel convento
sol nono connocian polo mudamento
do tempo; mas a Virgen por seu cousimento
fez que o connocessen, porque lonj' oyda
Quen muit' onrrar o nome da Sennor conprida...

A sa mercee fosse de tan gran vertude
com' ela fez e faz sempre muit' ameude.
E porende lle roguemos que nos ajude,
pois dos angeos e dos santos senpr' é servida.
Quen muit' onrrar o nome da Sennor conprida...