Cantigas de Santa Maria/Prólogo

Wikisource, a biblioteca livre
< Cantigas de Santa Maria
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Prólogo


Este e o Prologo das Cantigas de Santa Maria, ementando as cousas que a mester eno trobar.

Porque trobar e cousa en que jaz
entendimento, poren queno faz
a o d’aver e de razon assaz,
per que entenda e sabia dizer
o que entend’e de dizer lle praz,
ca ben trobar assi s’a de ffazer.

E macar eu estas duas non ey
com’eu querria, pero provarei
a mostrar ende un pouco que sei,
confiand’en Deus, ond’o saber ven;
ca per ele teño que poderei
mostrar do que quero algũa ren.

E o que quero e dizer loor
da Virgen, Madre de Nostro Señor,
Santa Maria, que est’a mellor
cousa que El fez; e por aquest’eu
quero seer oy mais seu trobador,
e rogo-lle que me queira por seu

Trobador e que queira meu trobar
reçeber, ca per el quer’eu mostrar
dos miragres que ela fez; e ar
querrei-me leixar de trobar des i
por outra dona, e cuid’a cobrar
per esta quant’enas outras perdi.

Ca o amor desta Señor e tal,
que queno a sempre per i mais val;
e poi-lo gaañad’a, non lle fal,
senon se e per sa grand’ocajon,
querendo leixar ben e fazer mal,
ca per esto o perd’e per al non.

Poren dela non me quer’eu partir,
ca sei de pran que, se a ben servir,
que non poderei en seu ben falir
de o aver, ca nunca y faliu
quen llo soube con merçee pedir,
ca tal rogo sempr’ela ben oyu.

Onde lle rogo, se ela quiser,
que lle praza do que dela disser
en meus cantares e, se ll’aprouguer,
que me de gualardon com’ela da
aos que ama; e queno souber,
por ela mais de grado trobara.