Cantigas de Santa Maria/XXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XXIV: Madre de Deus, non pod' errar


Esta é como Santa Maria fez nacer ha fror na boca ao crerigo, depois que foi morto, e era en semellança de lilio, porque a loava.

Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

Non pod' errar nen falecer
quen loar te sab' e temer.
Dest' un miragre retraer
quero, que foi en França.
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

En Chartes ouv' un crerizon,
que era tafur e ladron,
mas na Virgen de coraçon
avia esperança.
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

Quand' algur ya mal fazer,
se via omagen seer
de Santa Maria, correr
ya là sen tardança.
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

E pois fazia oraçon,
ya comprir seu mal enton;
poren morreu sen confisson,
per sua malandança.
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

Porque tal morte foi morrer,
nono quiseron receber
no sagrad', e ouv' a jazer
fora, sen demorança.
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

Santa Maria en vison
se mostrou a pouca sazon
a un prest', e disse-ll' enton:
«Fezestes malestança,
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

Porque non quisestes coller
o meu crerigo, nen meter
no sagrad', e longe põer
o fostes por viltança.
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

Mas cras, asse Deus vos perdon,
ide por el con procisson,
con choros e con devoçon,
ca foi grand' a errança.»
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

O preste logo foi-ss' erger
e mandou os sinos tanger,
por ir o miragre veer
da Virgen sen dultança.
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

Os crerigos en mui bon son
cantando «kyrieleyson»,
viron jazer aquel baron,
u fez Deus demostrança.
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

Que, porque fora ben dizer
de ssa Madre, fez-lle nacer
fror na boca e parecer
de liro semellançá.
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.

Esto teveron por gran don
da Virgen, e mui con razon;
e pois fezeron en sermon,
levárono con dança.
Madre de Deus, non pod' errar | quen en ti á fiança.