Coit'haveria, se de mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Coit'haveria, se de mia senhor
por Joan Lopez d'Ulhoa


Coit'haveria, se de mia senhor,
quando a visse, cuidass'haver bem,
e nom poder'eu vee-la per rem!
Pois end'agora tam gram coita hei,
       como, se dela bem cuidass'haver,
       nom morreria mais pola veer.
  
O que nom cuido mentr'eu vivo for
nen'o cuidei nunca, des que a vi:
d'haver seu bem; e pero est assi,
hei tam gram coita d'ir u ela é,
       como, se dela bem cuidass'haver,
       nom morreria mais pola veer.
  
Nom andaria mais ledo, de pram,
do que eu ando porque cuid'a ir
u ela é, que moiro por servir;
e assi moiro pola veer já,
       como, se dela bem cuidass'haver,
       nom morreria mais pola veer.
  
Pero entendo que faço mal sem
em desejar meu mal come meu bem.