Cuidades vós, meu amigo Amigo, ũa ren

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cuidades vós, meu amigo Amigo, ũa ren
por Joan Perez d'Avoin


Cuidades vós, meu amigo Amigo, ũa ren:
que me non poss'assanhar sen razon
eu contra vós come vós; por que non?
escontra mi cuidades i mal sen,
ca poder ei m'assanhar assi
eu contra vós como vós contra mi

E, se cuidades ca non ei poder,
meu amigo, de mi vos assanhar
ben come vós a min, ides cuidar
mal sen, ca logo vos farei veer
ca poder ei m'assanhar assi
eu contra vós como vós contra mi

E (se) cuidades que poder non ei
de me vos assanhar, se m'eu quiser
ben come vós a min, se vos prouguer,
ben outrossi me vos assanharei,
ca poder ei m'assanhar assi
eu contra vós como vós contra mi

Mas, pois me vos Deus por amigo deu,
e mi a vós por amiga, muit'á,
quitade vos vós de cuidardes ja
o que cuidades, ca ben vos dig'eu
ca poder ei m'assanhar assi
eu contra vós como vós contra mi