Cuidades vós, mia senhor, que mui mal

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cuidades vós, mia senhor, que mui mal
por Roi Queimado


Cuidades vós, mia senhor, que mui mal
estou de vós e cuid'eu que mui bem
estou de vós, senhor, por ũa rem
que vos ora direi, ca nom por al:
        se morrer, morrerei por vós, senhor;
        se m'i ar fezerdes bem, aque melhor!
  
Tam mansa vos quis Deus, senhor, fazer
e tam fremosa e tam bem falar
que nom poderia eu mal estar
de vós, por quanto vos quero dizer:
       se morrer, morrerei por vós, senhor;
       se m'i ar fezerdes bem, aque melhor!
  
Amo-vos tant'e com tam gram razom,
pero que nunca de vós bem prendi,
que coid'eu est', e vós que nom é 'si;
mais tant'esforç'hei no meu coraçom:
       se morrer, morrerei por vós, senhor;
       se m'i ar fezerdes bem, aque melhor!