De-lo día, ai amiga, que nos nós de vós partimos

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De-lo día, ai amiga, que nos nós de vós partimos
por Rodrigo Eanes Redondo


De-lo día, ai amiga, que nos nós de vós partimos,
fui-se nosco voss'amigo, e, per quanto nós oímos,
amiga, e per quanto vimos, queredes que vo-lo diga?
Nunca tan leal amigo d'amiga vistes, amiga!

U nos partimos chorando, vós e nós chorando vosco,
e el, mui sen o seu grado, houve-s'entón d'ir connosco,
mais, per quanto eu del conhosco, sempre serei de seu bando
que, enquanto vós chorastes, nunca el quedou chorando.

E catava-m'el os panos, que eu tragía con doo,
come vós des i chorava por s'apartar. Mais, pero o
preguntavan, el negó-o; mais a min non no negava
e por esto sõo certa, amiga, que por vós chorava.