De como mi ora con el-Rei aveo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De como mi ora con el-Rei aveo
por Afonso Fernández Cubel


De como mi ora con el-Rei aveo
quero-vo-l'eu, meus amigos, contar:
el do seu haver ren non me quer dar
nen er quer que eu viva no alheo;
e eu non hei herdade de meu padre,
e ũa pouca, que foi de mia madre,
filhou-mi-a e fez-mi ũa pobra no seo.

E noutra parte tolheu mias naturas,
en que eu soía a guarecer;
e agora hei coitad'a viver
e non son poucas, par Deus, mias rancuras,
come quen non come, ca o non ten;
se lho non dá, por sa mesura, alguén,
ai Dem', a ti dou eu estas mesuras!

Non s'enfadou e tolheu-mi o testado,
de que me servían por San Joán;
e non dan dele valía dun pan
nen mercé nen soldada, mal pecado;
e pois que assí esto ten por ben,
faça o seu cor non dand'a mí ren,
e chorará quen mal día foi nado.

E ora faça el-Rei quanto poder,
e eu serví-l'-hei quando for mester,
pero sõo mui pobr'e sen soldado.