De gran coita faz gran lezer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De gran coita faz gran lezer
por Roi Fernández de Santiago


De gran coita faz gran lezer
Deus, per quant'eu entend'e sei,
e de gran pesar gran prazer,
e direi-vos por que o sei,
     ca vi mia senhor d'aquend'ir
     e ora vejo-a viir.

Ja por coita, nen por pesar
que haja no meu coraçón
non me quer'eu muito queixar,
e direi-vos eu por que non:
     ca vi mia senhor d'aquend'ir
     e ora vejo-a viir.

E sempr'eu esforç'haverei
contra pesar; se i houver,
de vos perder, non o querrei
haver oimais, se Deus quiser,
     ca vi mia senhor d'aquend'ir
     e ora vejo-a viir.