De mia senhor direi-vos que mi avém

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De mia senhor direi-vos que mi avém:
por Roi Queimado


De mia senhor direi-vos que mi avém:
porque a vejo mui bem parecer,
tal bem lhe quer'onde cuid'a morrer.
E pero que lhe quero tam gram bem,
ainda lh'eu mui melhor querria
se podesse... mais nom poderia!
  
Ca lhe quero tam gram bem que perdi
já o dormir; e, de pram, perderei
o sem mui cedo com coita que hei.
E pero que tod'aquesto perç'i,
ainda lh'eu mui melhor querria
se podesse...mais nom poderia!
  
Ca lhe quero bem tam de coraçom
que sei mui bem que, se m'ela nom val,
que morrerei cedo, nom há i al.
E com tod'esto, si Deus me perdom,
ainda lh'eu mui melhor querria
se podesse... mais nom poderia,
  
per nulha rem, par Santa Maria!
Ca, se podesse, log'eu querria!