De mia senhor entend'eu ũa rem:

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De mia senhor entend'eu ũa rem
por Roi Páez de Ribela


De mia senhor entend'eu ũa rem:
ca me quer mal, assi Deus mi perdom!;
mais, pero sei eno meu coraçom
ca mi o nom quer, por que lhe quero bem?
       Ca me nom quis nunca, nem quer creer,
       per nulha rem, que lhe sei bem querer.
  
Mais quer-me mal polo que vos direi:
porque me diz que lhe faço pesar
de a veer - nunca, nem lhe falar;
ca me o nom quer por al, eu ben'o sei:
       ca me nom quis nunca, nem quer creer,
       per nulha rem, que lhi sei bem querer.
  
E des quand'ela fosse sabedor
do mui gram bem que lh'eu quis, poila vi,
pero me mal ar quisesse, des i
terria-m'eu que estava melhor:
       ca me nom quis nunca, nem quer creer,
       per nulha rem, que lhi sei bem querer.