De quant'eu sempre desejei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De quan't eu sempre desejei
por Joan Soairez Somesso


De quant'eu sempre desejei
de mia senhor, nom end'hei rem;
e o que muito receei
de mi aviir, todo mi avém:
ca sempr'eu desejei mais d'al
de viver com ela e, mal
que me pês, a partir-m'hei en.
  
E já que m'end'a partir hei,
esto pod'ela veer bem:
que muita guerra lhe farei,
porque me faz partir daquém,
ond'eu sõo mui natural;
e sei-lh'eu um seu home atal
que lh'haverá a morrer por en.
  
E non'o pode defender
de morte, se mi mal fezer
- ca ũa morte hei eu d'haver;
e pois eu a morrer houver,
todavia penhor querrei
filhar por mi: e tolher-lh'-ei
est'home, por que me mal quer.
  
E pois lh'eu est'home tolher,
faça-m'ela mal, se poder
- e non'o poderá fazer;
mais pod'entender, se quiser,
que log'eu guardado serei
dela, e non'a temerei,
des que lh'eu esto feit'houver.