De vós, senhor, querria eu saber

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De vós, senhor, querria eu saber
por Joán Nunes Camanez


De vós, senhor, querria eu saber,
pois desejades mia mort'a veer
e eu nom moir'e querria morrer,
       que me digades: que farei eu i?
  
Com mia morte me seria gram bem
porque sei ca vos prazeria en;
e pois nom moiro, venh'a vós por en
       que me digades: que farei eu i?
  
Por mia morte, que vos vi desejar,
rog'eu a Deus sempr'e nom mi a quer dar;
e venho-vos, mia senhor, preguntar
       que me digades: que farei eu i?
  
Por mia morte roguei Deus e Amor,
e nom mi a dam, por me fazer peor
estar convosc'; e venh'a vós, senhor,
       que me digades: que farei eu i?