Des quand'eu a mia senhor entendi

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Des quand'eu a mia senhor entendi
por Vasco Rodrigues de Calvelo


Des quand'eu a mia senhor entendi
que lhe pesava de lhe querer bem,
ou de morar u lhe dissesse rem,
veed', amigos, como m'en parti:
       leixei-lh'a terra, por lhe nom fazer
       pesar, e viv'u nom posso viver
  
senom coitad'. E mais vos en direi:
pero m'eu viv'em gram coita d'amor,
de nom fazer pesar a mia senhor,
veed', amigos, que bem m'en guardei:
       leixei-lh'a terra, por lhe nom fazer
       pesar, e viv'u nom posso viver
  
senom coitado no meu coraçom;
ca me guardei de lhe fazer pesar;
e, amigos, nom me soub'en guardar
per outra rem se per aquesta nom:
       leixei-lh'a terra, por lhe nom fazer
       pesar, e viv'u nom posso viver!