Des quando vos fostes d' aqui

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Des quando vos fostes d' aqui
por Nuno Treez


Des quando vos fostes d' aqui,
meu amigo, sen meu prazer,
ouv' eu tan gram coita des i,
qual vos ora quero dizer:
que non fezeron des enton
os meus olhos se chorar non,
   nen ar quis o meu coraçon
   que fezessen se chorar non.

E, des que m' eu sen vós achei,
sol non me soubi conselhar
e mui triste por en fiquei
e con coita grand' e pesar:
que non fezeron des enton
os meus olhos se chorar non,
  nen ar quis o meu coraçon
  que fezessen se chorar non.

E fui eu fazer oraçon
a San Clemenç' e non vos vi
e ben des aquela sazon,
meu amig', avẽo-m' assi:
que non fezeron des enton
os meus olhos se chorar non,
  nem ar quis o meu coraçon
  que fezessen se chorar non.