Des que vos eu vi, mia senhor, me vem

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Des que vos eu vi, mia senhor, me vem
por Fernán Gonçalves de Seavra


Des que vos eu vi, mia senhor, me vem
o mui grand'afã e o muito mal
que hei por vós; pero direi-vos al:
ante que vos eu visse, doutra rem
       sei que nom vira tamanho prazer
       como vej'ora [de] vos veer!
  
Des que vos [eu] vi, sei que a maior
coita do mund'est a que por vós hei;
pero avém-mi o que vos ar direi:
ante que vos eu visse, mia senhor,
       sei que nom vira tamanho prazer
       como vej'ora [de] vos veer!
  
Des que vos eu vi, mia senhor, me deu
gram coita Deus, cada que vos nom vi,
e gram pesar; mas pero que mi assi
de vós avém, ante que vos viss'eu,
       sei que nom vira tamanho prazer
       como vej'ora [de] vos veer!
  
E desejand'eu aqueste prazer,
des que vos nom vir, me fará morrer!