Desej'eu muit'a veer mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Desej'eu muit'a veer mia senhor
por Airas Carpancho


Desej'eu muit'a veer mia senhor,
e pero sei que, pois d'ant'ela for,
non lh'hei a dizer ren
de com'hoj'eu havería sabor.
E lh'estaría ben!

Po-la veer moir'e po-la servir,
e pero sei que, pois m'ant'ela vir,
non lh'hei a dizer ren
de como'hoj'eu podería guarir.
E lh'estaría ben!

Se lh'al disser, non me dirá de non;
mais da gran coita do meu coraçón
non lh'hei a dizer ren
que lh'eu diría en bõa razón.
E lh'estaría ben!

Pero hei gran sabor de lhe falar,
quando a vejo, por lhe non pesar,
non lh'hei a dizer ren
de com'eu podería led'andar
E lh'estaría ben!