Desejand'eu vós, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Desejand'eu vós, mia senhor
por Joan Soairez Somesso


Desejand'eu vós, mia senhor,
seguramente morrerei;
e do que end'estou peor,
é d'ũa rem que vos direi:
que sei, de pram, que, pois morrer,
haverei gram coit'a sofrer
por vós, como mi agora hei.
  
E por en e por voss'amor
já sempr'eu gram coit'haverei
aqui, enquant'eu vivo for;
ca, des quand'eu morrer, bem sei
que non'a hei nunc'a perder,
pois vosso bem nom poss'haver;
ca por al non'a perderei.
  
Por quantas outras cousas som
que Deus no mundo fez de bem,
polas haver eu todas nom
perderia coita por en.
E podê-la-ia perder,
mia senhor, sol por vos veer,
em tal que a vós prouguess'en.
  
Ora vos dig'eu a razom
de como me de vós avém;
ca, Deu'lo sab', há gram sazom
que desejei mais doutra rem,
senhor, de vos esto dizer;
pero non'o ousei fazer
 erg'ora, pois me vou daquém.