Deus! Que pouco que sabía

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Deus! Que pouco que sabía
por Diego Moniz de Asme


Deus! Que pouco que sabía
eu en qual viço vivía,
quand'era con mia senhor,
e que muito me queixava
dela (porque non pensava
de min), e non gradecía
a Deus qual ben me fazía
en sol me deixar veer
o seu mui bon parecer!

Mais en gran sandez andava
eu, quando me non pagava
de con tal senhor viver,
e que melhor ben querría!
E m'end'ora pagaría!
Mais esto a min que mi o dava,
este ben, que non m'entrava?
Non houvess'hoj'eu melhor,
e houvess'eu tal sabor!

Mais logo m'ar mataría
un cor, que hei, de folía
mui comprido e d'amor,
que per poucas m'ar matava!
Quand'eu mia senhor catava,
en tal coita me metía
que conselho non sabía
eu de min, como fazer
por dela máis ben haver!

Mais, se eu nunca cobrava
o vic'en que ant'estava,
saber-lh'-ía ben sofrer
seu amor, e nembrar-m'-ía
que eu viver non podía,
quando ela alhur morava:
tan muito a desejava!
Mais eu con este pavor
sería bon sofredor!