Direi-vos que mi-avẽo, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Direi-vos que mi-avẽo, mia senhor
por Roi Queimado


Direi-vos que mi-avẽo, mia senhor,
i logo quando m'eu de vós quitei:
houve por vós, fremosa mia senhor,
a morrer; e morrera..., mais cuidei
     que nunca vos veería des i,
     se morress', e por esto non morrí.

Cuidando en quanto vos Deus fez de ben
en parecer e en mui ben falar,
morrera eu; mais polo mui gran ben
que vos quero, máis me fez Deus coidar
     que nunca vos veería des i,
     se morress', e por esto non morrí.

Cuidand'en vosso mui bon parecer
houv'a morrer, assí Deus me perdón,
e polo vosso mui bon parecer
morrera eu; mais acordei-m'entón
     que nunca vos veería des i,
     se morress', e por esto non morrí.

Coidand'en vós houv'a morrer assí,
e cuidand'en vós, senhor, guarecí.