Disseron-mi ũas novas de que m'é mui gran ben

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Disseron-mi ũas novas de que m'é mui gran ben
por Afonso Lopes de Baião


Disseron-mi ũas novas de que m'é mui gran ben,
ca chegou meu amigo, e, se el alí ven,
     a Santa María das Leiras,
     irei, velida, se i ven meu amigo.

Disseron-mi ũas novas de que hei gran sabor,
ca chegou meu amigo, e, se el alí for,
     a Santa María das Leiras,
     irei, velida, se i ven meu amigo.

Disseron-mi ũas novas de que hei gran prazer,
ca chegou meu amigo, mais eu, po-lo veer,
     a Santa María das Leiras,
     irei, velida, se i ven meu amigo.

Nunca con taes novas tan leda foi molher
com'eu sõo con estas, e, se el i veer,
     a Santa María das Leiras,
     irei, velida, se i ven meu amigo.