Disseron-vos, fremosa mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Disseron-vos, fremosa mia senhor
por Roi Martinz de Ulveira


Disseron-vos, fremosa mia senhor,
que me non mat'a mí o voss'amor,
e non o negu'eu, pois eu sabedor
faço quen quer que o queira saber:
     ca me non mat'a min o voss'amor,
     mais mata-me que o non poss'haver.

Ca ben sei que vos disseron por mí
que me non mata voss'amor, assí
com'alguén cuida, e digu'én tant'i
a vós que o non posso máis negar:
     ca me non mat'a min o voss'amor,
     mais mata-me que o non poss'haver.

E os que cuidan que mi buscarán
per i mal vosco dize-no de pran
e non mi o negu'eu, poi-lo saber han,
des i entendo que non poderei:
     ca me non mat'a min o voss'amor,
     mais mata-me que o non poss'haver