Diz meu amigo que lhi faça ben

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Diz meu amigo que lhi faça ben
por Joán Servando


Diz meu amigo que lhi faça ben
mais non mi diz o que ben que quer de min;
eu por ben tenho de que lh'aqui vin
polo veer, mais el assi non ten;
mais, se soubess'eu qual ben el querria
aver de mi, assi lho guisaria

Pede m'el ben, non sei en qual razon,
pero non mi diz o que ben que querrá
de min, e tenh'eu de que o vi ja
que lh'é (mui) gran ben, e el ten que non;
mais, se soubess'eu qual ben el querria
aver de mi, assi lho guisaria

Par Servand', e assanhar m'ei un dia
se m'el non diz qual ben de min querria