Dize-mi ora que non verrá

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Dize-mi ora que non verrá
por Roi Queimado


Dize-mi ora que non verrá
o meu amigo, porque quer
mui gran ben a outra molher;
mais esto quen no creerá,
     que nunca el de coraçón
     molher muit'ame se min non?

Pode meu amigo dizer
que ama outren máis ca si,
nen que outra ren, nen ca mí;
mais esto non é de creer:
     que nunca el de coraçón
     molher muit'ame se min non.

Enfinta faz el, eu o sei,
que morre por outra d'amor
e que non ha min por senhor;
mais eu esto non creerei:
     que nunca el de coraçón
     molher muit'ame se min non.