E por que me desamades

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
E por que me desamades
por Osoiro Anes


E por que me desamades,
ai, melhor das que eu sei?
Cuid'eu, ren i non gãades
eno mal que por vós hei!
Pola ira en que mi andades,
tan graves días levei:
               Dereit'hei
que da ren que máis amei,
daquela me segurades:

de vós! E, certas, sabiades
ver amor non desejei;
e se vós end'al cuidades,
ben leu tort'én prenderei!
E por Deus, nono façades,
ca por vós me perderei!
               Conort'hei,
en que pouco durarei,
se máis de min non pensades!

De muitos son preguntado
de que hei este pensar?
E a min pesa aficado
de quen me vai demandar.
Hei log'a buscar, sen grado,
razón por me lhe salvar.
               E a guardar
m'hei deles, e rancurar,
e andar i come nembrado.

Alí me ven gran cuidado,
depois que me vou deitar;
pero sõo máis folgado
que lhi non hei de falar.
Jasco deles alongado
que me non ouçan queixar.
               Tal amar
podedes mui ben jurar
que nunca foi d'homen nado.

Ũa ren vos juraría,
e devede-lo creer,
que ja máis non amaría,
se desta posso viver,
quando vós, que ben quería,
tan sen razón fui perder.
               Que prazer
avedes de me tolher
meu corpo, que vos servia?

Ca me non recebería
aquel que me fez nacer.
Nen eu non vos podería
a tal coita padecer,
ca per ren non podería
pois me deit', adormecer.
               A valer,
..................................
................ me devería.