En grave día me fez Deus nacer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
En grave día me fez Deus nacer
por Pero de Armea


En grave día me fez Deus nacer
aquel día en que eu nací,
en grave día me fezo veer
a mia senhor u a primeiro vi.
En grave día vi os olhos seus,
en grave día mi fez entón Deus
veer quan ben parece parecer.

En grave día mi fez entender
Deus quan muito ben eu dela'ntendí,
en grave día mi fez conhocer
aquel día en que a conhocí.
En grave día mi a fez entón, meus
amigos, grave día, mi a fez Deus
tan gran ben, como lh'eu quero, querer.

En grave día por mí lhi falei
aquel día en que lh'eu fui falar,
en grave día por mí a catei
dos meus olhos quando a fui catar.
E grave día foi por mí entón
quando a vi, grave día, ca nunca
eu dona tan fremosa veerei.

En grave día por mí comecei
con mia senhor quand'eu fui começar
con ela; grave día desejei
quan muito ben m'ela fez desejar.
Grave día foi por mí de-la sazón
que eu a vi, grave día, pois non
morrí por ela, nunca morrerei.

E porque m'eu dela quitei,
esmoresco mil vezes, e non sei
por bõa fe, nulha parte de min.

E non mi ponhan culpa des aquí
de seer sandeu, ca ensandecí
pola máis fremosa dona que sei.