En tal poder, fremosa mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
En tal poder, fremosa mia senhor
por Martim Soares


En tal poder, fremosa mia senhor,
sõo de vos qual vos ora direi:
que ben ou mal, enquant'eu vivo for,
qual vos prouguer, de vós atenderei:
ca se me vós, senhor, fezerdes ben,
ben mi verrá de Deus e doutra ren;
e se mi vós quiserdes fazer al
Amor e Deus logo mi farán mal.

E entend'eu, fremosa mia senhor,
mentr'eu vos vir, que nunca perderei
gran ben de Deus nen de vós nen d'Amor,
ca, pois vos vejo, de tod'eu ben hei;
e direi-vos, mia senhor, que mi avén:
amor de Deus prend'e esforc'e sén
mentre vos vejo, mais pois vos non vir,
esforc'e sén e Deus han-mi a falir.

E des entón, fremosa mia senhor,
nunca de Deus nen de min prenderei
prazer nen ben de que haja sabor;
ca, mia senhor, de qual guisa haverei
ben deste mundo, pois me for d'aquén?,
ca perderei quanto prazer me ven,
pois vos non vir e perderei des i
Deus, mia senhor, e o seu ben e min.

E direi-vos, fremosa mia senhor,
pois vos non vir, quan perdudo serei:
perderei sén e esforc'e pavor,
e des i ben nen mal non sentirei;
e, mia senhor, al vos er direi én:
non mi terrá conselho que mi den
dano nen prol nen pesar nen prazer;
e per qual guisa m'hei máis a perder?

Ca perdud'é, senhor, a meu cuidar,
quen perde sén e prazer e pesar.