Estes que ora dizen, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Estes que ora dizen, mia senhor
por Joán Vásquiz de Talaveira


Estes que ora dizen, mia senhor,
que saben ca vos quer'eu mui gran ben,
pois én nunca per mí souberon ren,
querri'agora seer sabedor:
     per quen o poderon eles saber,
     pois mi o vós nunca quisestes creer?

Ca, mia senhor, sempre o eu neguei
quant'eu máis pude, assí Deus me perdón,
e dizen ora quantos aquí son
que o saben. Mais, como saberei
     per quen o poderon eles saber,
     pois mi o vós nunca quisestes creer?