Eu, mui coitado, non acho razón
Aspeto
Eu, mui coitado, non acho razón
per que possa ir u é mia razón
e, pero que m'hei d'ir i gran sabor,
sol non vou i, e ha mui gran sazón
que non fui i, e por esto mi avén:
por non saberen a quen quero ben.
E non ach'eu razón e por est'é,
por que m'hei de guardar e de temer
de mi o saberen, mais po-la veer
moir', e gran temp'ha ja, per bõa fe,
que non fui i, e por esto mi avén:
por non saberen a quen quero ben.
Por esto non poss'eu razón achar
como a veja, nen sei que facer,
e valer-m'-ía mui máis én morrer,
pois que tan muit'ha ja, si Deus m'empar,
que non fui i, e por esto mi avén:
por non saberen a quen quero ben,
nen saberán, mentr'eu aqueste sén
houver, que hei per min quen quero ben.