Falou-m'hoj'o meu amigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Falou-m'hoj'o meu amigo
por Dom Dinis


Falou-m'hoj'o meu amigo
mui ben e muit'homildoso
no meu parecer fremoso,
amiga, que eu hei migo,
mais pero tanto vos digo:
     que lhi non tornei recado
     ond'el ficasse pagado.

Disse-m'el, amiga, quanto
m'eu melhor ca el sabía:
que de quan ben parecía
que tod'era seu quebranto,
mais pero sabede tanto:
     que lhi non tornei recado
     ond'el ficasse pagado.

Disse-m'el: «Senhor, creede
que a vossa fremosura
mil faz gran mal sen mesura,
por én de mí vos doede»;
pero, amiga, sabede:
     que lhi non tornei recado
     ond'el ficasse pagado.

E foi-s'end'el tan coitado
que tom'end'eu ja coidado.