Filha, de grado quería saber

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

-Filha, de grado quería saber
de voss'amigu'e de vós ũa ren.
-Eu vo-lo quero, mia madre, dizer:
     quero-lh'eu ben e que-lo el a mí,
     e ben vos digo que non ha máis i.

-Filha, non sei se ha i máis, se non,
mais vejo-vos sempre con el falar,
e vejo vós chorar e el chorar.
-Non vos terrei, madre, i outra razón:
     quero-lh'eu ben e que-lo el a mí,
     e ben vos digo que non ha máis i.

-Se mi o negardes, filha, pesar-mi-á,
ca, se máis ha i feit', a como quer,
outro conselh'havemos i mester.
-Ja vos eu dixi, madre, quant'i ha:
     quero-lh'eu ben e que-lo el a mí
     e ben vos digo que non ha máis i.