Gran coita sofr'e vou-a negando

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Gran coita sofr'e vou-a negando
por Fernán Gonçalves de Seavra


Gran coita sofr'e vou-a negando;
ca non quis Deus que coita sofresse
que eu ousasse, mentre vivesse,
nunca dizer; e por aquist'ando
     maravilhado de como vivo
     en tan gran coita com'hoj'eu vivo.

E esta coita, de que eu jaço
cuidando sempre, des que me deito,
pois me levo, sol non é en preito,
que cuid'en al; e por én me faço
     maravilhado de como vivo
     en tan gran coita com'hoj'eu vivo.

Ben sei que home sol non m'entende
qual coita sofr', e como coitado
eu viv'hoje, nen ést'home nado
que o soubesse, que non fosse ende
     maravilhado de como vivo
     en tan gran coita com'hoj'eu vivo.

E non o ouso dizer, cativo!
De máis, desejo mia mort', e vivo!