Gran sazon á, meu amigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Gran sazon á, meu amigo
por Martin Padrozelos


Gran sazon á, meu amigo,
que vos vós de mi partistes
en valong'e non m'ar vistes
nen ar ouv'eu depois migo
de nulha ren gasalhado,
mais nunca tan desejado
d'amiga fostes amigo

Nen vos dirá nunca molher
que verdade queira dizer
nen vós non podedes saber
nunca per outren, se Deus quer,
ou se eu verdad'ei migo,
que nunca vistes amigo
tan desejado de molher

Pero ouvestes amiga
a que quisestes mui gran ben,
a min vos tornade por en
se achardes quen vos diga
se non assi com'eu digo:
que nunca vissen amigo
tan desejado d'amiga