Grave día naceu, senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Grave día naceu, senhor
por Pero Garcia de Ambroa


Grave día naceu, senhor,
quen se de vós houv'a partir,
e se teve por devedor
de vos amar e vos servir,
como m'eu de vós partirei.
Ora, quando m'alongarei
de vós, viverei sen sabor.

En tal coita me vi, senhor,
que sol non vos ousei falar
en vós; en lezer e sabor
haviades de me matar,
ca me non quisestes catar
dos olhos, nen me preguntar
por que havía tal pavor.

Que sol non vos ousei dizer
o porque eu fora alí
u vos achei, e máis temí
de vós pesar én ca morrer,
como ora por vós morrerei.
E vejo que mal baratei
que ante non morrí logu'i.

Ca mui maior coita haverei,
senhor, de quand'eu de vós hoer
desamor vosso e tever;
este joguete cerrarei
convosco e vosso serei,
mentr'eu viver, e guisarei
como haja vosso desamor.

Mentre vos eu poder servir,
vosso desamor haverei,
ca non hei eu a vós fogir,
nen outra senhor filharei
que me de vós possa én partir;
mais leixar-me-vos-ei matar,
pois m'outro conselho non sei.