Hom'a que Deus coita quis dar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Hom'a que Deus coita quis dar
por Rodrigo Eanes Redondo


Hom'a que Deus coita quis dar
d'amor, nunca dev'a dormir.
Ca ja, u sa senhor non vir,
non dormirá; e se chegar
u a veja, esto sei ben,
non dormirá, per nulha ren:
tant'ha prazer de a catar!

En aquesto poss'eu falar,
ca muit'ha que passa per mí;
ca des que mia senhor non vi,
nunca dormí; e se mostrar
algũa vez Nostro Senhor
mi a quis, houvi tan gran sabor
que nunca mi al pode nembrar.

Ja o dormir, mentr'eu durar,
perdudo hei, pois ést'assí
que, u a non vi, non dormí;
e poi-la non vejo, provar
non o hei per ren. E por Deus ja
dizede-mi, quen dormirá
con tan gran prazer ou pesar?