Já foi sazom que eu cuidei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Já foi sazom que eu cuidei
por Joan Soairez Somesso


Já foi sazom que eu cuidei
que me nom poderi'Amor
per nulha rem fazer peor
ca me fazi'entom, e sei
agora já del ũa rem:
ca já m'em maior coita tem
por tal dona que nom direi,
  
mentr'eu viver; mais guardar-m'-ei
que mi o nom sábia mia senhor;
ca 'ssi 'starei dela melhor,
e dela tant'end'haverei:
enquanto nom souberem quem
est a dona que quero bem,
algũa vez a veerei!
  
Mais gram med'hei de me forçar
o seu amor, quando a vir,
de nom poder dela partir
os meus olhos, nem me nembrar
de quantos m'entom veerám;
que sei ca todos punharám
ena saber, a meu pesar.
  
E haverei muit'a jurar
pola negar e a mentir,
e punharei de me partir
de quem me quiser preguntar
por mia senhor; que sei, de pram,
ca dos que me preguntarám
e dos outros m'hei a guardar.