Já m'eu, senhor, houve sazom

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Já m'eu, senhor, houve sazom
por Joan Soairez Somesso


Já m'eu, senhor, houve sazom
que podera sem vós viver
u vos nom viss', e ora nom
hei eu já daquesto poder:
pois outro bem, senhor, nom hei
senom quando vos vej', e sei
que mi o queredes já tolher.
  
E se vós havedes razom,
senhor, de m'este mal fazer,
mandade-m'ir, e log'entom
poderedes dereit'haver
de mim, qual vos ora direi:
ir-m'-ei daquend'e morrerei,
senhor, pois vos praz d'eu morrer.
  
E se quiséssedes sofrer
este pesar, por Deus, senhor,
que vos eu faç'em vos veer,
cuid'eu faríades melhor
que fazedes, de m'alongar
d'u vós sodes e me matar;
de pram, morrerei, se m'en for.
  
Non'o queredes vós creer,
ca nunca soubestes d'amor;
mais Deus vo-lo leixe saber
per mim, senhor. E qual sabor
eu hei de convosco falar,
vos faç'haver de m'ascoitar,
e tolh'a mim de vós pavor.