Ja m'eu quisera leixar de trobar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ja m'eu quisera leixar de trobar
por Fernán Rodríguez de Calheiros


Ja m'eu quisera leixar de trobar,
se me leixass'a que mi o faz fazer,
mais non me quer leixar ergo morrer.
E quer leixar-m'en seu poder d'Amor
atán falso nen atán traedor
que nunca punha ergu'en destroír
o que é seu, e que non ha u lh'ir.

Eu que non hei u lh'ir, que a tornar
non haja a el e ao seu poder,
nunca del pudi nen un ben haver,
ca non quis Deus, nen el, nen mia senhor!
Ante me faz cada día peor,
e non atendo de m'én ben vĩir:
con tod'esto non lhi posso fugir.

A quen Deus quisesse o poder dar
de lhi fogir, muit'estaría ben,
ca de mil coitas, en que homen ten,
se guardaría, daquel desleal
ond'homen non pode haver ergo mal.
E d'Amor nunca home leal vi,
e vejo eu muitos queixar con mí.

Por quantos eu vejo d'Amor queixar,
se ar visse quen se loasse én,
ben mi o podía desdizer alguén
do que del digo; mais non ha i tal
a que u eu veja d'Amor dizer al
se non quant'eu digo que padecí,
sen ben d'amor que nunca eu prendí.