Juro-vos eu, fremosa mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Juro-vos eu, fremosa mia senhor
por Joan Lopez d'Ulhoa


Juro-vos eu, fremosa mia senhor,
(se Deus me leixe de vós bem haver
e se nom, leixe-me por vós morrer!)
que, pois fui nado, nunca dona vi
tam fremosa come vós, nem de mi
tam amada com'eu vos sei amar.
  
E pois vos amo tanto, mia senhor,
se vós quiserdes, quero-vos dizer
qual coita me vós fazedes sofrer!
E nom queredes que vos eu fal'i!
E nom poss'eu muito viver assi
que nom moira mui cedo com pesar
  
que hei mui grande desto, mia senhor:
de que me nom queredes gradecer
de vos servir, nem de vos bem querer.
E dizedes, de quanto vos servi,
que fiz mal-sem, que atant'i perdi;
e empero nom me poss'en quitar,
  
nem quitarei, enquant'eu vivo for,
de vos servir, senhor, e vos amar.