Madre, quer'hoj'eu ir veer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

-Madre, quer'hoj'eu ir veer
meu amigo, que se quer ir
a Sevilha el-Rei servir;
ai madre, ir-lo-ei veer.
     -Filha, ide; eu vosqu'irei.
-Faredes-me atán prazer,
     ca non sei quando mi o verei.

-Ben o sabe Nostro Senhor
que me pesa, pois que s'ir quer,
e veer-lo-ei, se vos prouguer,
por Deus, mia madr'e mia senhor.
     -Filha, ide; eu vosqu'irei.
-Madre, faredes-mi amor,
     ca non sei quando mi o verei.

-A Sevilha se vai d'aquí
meu amigo, por fazer ben,
e i-lo-ei veer por én,
madre, se vos prouguer d'ir i.
     -Filha, ide, eu vosqu'irei.
-Madre, faredes-me ben i,
     ca non sei quando mi o verei.