Maravilho-m'eu, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Maravilho-m'eu, mia senhor
por Martim Soares


Maravilho-m'eu, mia senhor,
de mim, como posso sofrer
quanta coita me faz haver,
des que vos vi, o voss'amor;
e maravilho-me log'i
de vós, por leixardes assi
voss'hom'em tal coita viver.
  
Aquesto dig'eu, mia senhor,
por quanto vos quero dizer:
porque vos fez Deus entender
de todo bem sempr'o melhor;
e a quem Deus tanto bem deu
devia-s'a nembrar do seu
homem coitado e a doer
  
de tam coitado, mia senhor,
com'hoj'eu vivo, que poder
nom hei de gram coita perder
per al já, se per vós nom for;
e se quiserdes, perderei
coita per vós ou morrerei;
ca todo é em vosso prazer.
  
E a mia coita, mia senhor,
nom vo-la houvera a dizer,
ante me leixara morrer,
senom por vós, que hei pavor
de que têm, senhor, por mal
de quem a seu homem nom val,
pois poder há de lhi valer.
  
E pois vos outro bem nom fal,
por Deus, nom façades atal
torto qual oídes dizer.