Meus amigos, pois me Deus foi mostrar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Meus amigos, pois me Deus foi mostrar
por Joán de Gaia


Meus amigos, pois me Deus foi mostrar
a mia senhor, que quero mui gran ben,
trobei eu sempre polo seu amor
e meu trobar nunca me valeu ren
contra ela, mais vedes que farei:
pois me non val trobar por mia senhor,
oimais quer'eu ja leixar o trobar

E buscar outra razón, se poder,
per que possa esta dona servir
e veerei se me fará sequer
algũa ren, per que possa partir
mui grandes coitas do meu coraçón,
e sei que assí me conselhará
o meu amigo, que me gran ben quer.

Ca doutra guisa non posso haver i
conselho ja per esta razón tal,
ca eu, amigos, da morte pret'estou,
se m'a esto Nostro Senhor non val,
pero da mort'hei sabor, a la fe,
ca, se morrer, dirán que me matou
a melhor dona que eu nunca vi.