Mia senhor, quantos eno mundo son

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Mia senhor, quantos eno mundo son
por Vasco Perez Pardal


Mia senhor, quantos eno mundo son
que saben como vos quero gran ben
e saben o mal que me por vós ven,
     todos dizen que filh'outra senhor,
e punh'en partir o meu coraçón
     de vos amar, pois non hei voss'amor.

E, mia senhor, por vos eu non mentir,
sen vosso ben non poss'eu guarecer,
e pois-lo non hei, se veja prazer,
     todos dizen que filh'outra senhor
e que punhe mui ben de partir
     de vos amar, pois non hei voss'amor.

Este conselho non poss'eu filhar,
pero m'assí vejo, per boa fe,
morrer por vós; e pero assí é,
     todos dizen que filh'outra senhor,
e que me punhe ben de me quitar
     de vos amar, pois non hei voss'amor.

Mais esto non quer'eu provar, senhor,
de me quitar d'atender voss'amor.