Mia senhor fremosa por Deus

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Mia senhor fremosa por Deus
por Pero de Veer


Mia senhor fremosa por Deus
e por amor que vos eu hei
oíde-m'un pouqu'e direi
o porque eu ante vós vin:
que hajades doo de min,
mia senhor fremosa, por Deus.

Se vos doerdes do meu mal
por Deus, porque vo-lo roguei,
vós, que eu sempre desejei,
des aquel dia'n que vos vi;
cousimento faredes i,
se vos doerdes do meu mal.

Ai mia senhor, per bõa fe,
por vós me ten forçad'amor
e vós, fremosa mia senhor,
nos vos queredes én doer
e por est'é meu mal viver,
ai mia senhor, per bõa fe.

Per bõa fe, non é meu ben,
nen é mia prol viver assí
e vós, que eu por meu mal vi,
haverei sempr'a desejar,
vós e mia mort', a meu pesar,
per bõa fe, non é meu ben.