Min pres forzadament'Amor
Min pres forzadament'Amor
e fez-mi amar quen nunc'amou,
e fez-mi tort'e desamor
quen mi a tal senhor tornou.
E vejo que mal baratei
que mi a tal senhor tornei,
que non sabe que é amar
e sabe a homen penas dar.
Que forçad'hoje e sen sabor
eno mundo vivendo vou
ca nunca pudi haver sabor
de min nen d'al, des que foi sou,
senón dela. E que farei?
Por que pregunto? Ca eu sei:
viver hei, se de min pensar,
ou morrer, se min non amar.
Quen-quer x'esto pode veer,
e máis quen mego vid'houver,
que non hei ja sén nen poder
de m'emparar dũa molher,
a máis mansa que nunca vi
nen máis sen sanha, pois nací.
Veed'ora se estou mal
que m'emparar non sei de tal!
Ca sõo tan en seu poder
que se end'al facer quiser
non o poderei eu facer
se m'ende Deus poder non der
contra ela, que eu serví,
qual dou a ela sobre mí.
Que nunca én soub'amar al
ergo ela, que mi faz mal.