Muit'atendí eu ben da mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Muit'atendí eu ben da mia senhor
por Sancho Sanches


Muit'atendí eu ben da mia senhor
e ela nunca ben me quis fazer
e eu non tenho i al se non morrer,
pois que m'ela non val, nen seu amor,
     mais Deus, que sabe ben que ést'assí,
     pois eu morrer, demande-lho por mí.

Serví-a sempre mui de coraçón,
en quanto pudi, segundo meu sén,
e ela nunca me quis fazer ben
e eu non tenho i al se morrer non,
     mais Deus, que sabe ben que ést'assí,
     pois eu morrer, demande-lho por mí.

Serví-a sempr'e non catei por al,
des que a vi, e sempr'haver cuidei
algún ben dela, mais ben vej'e sei
que morte tenh'i, pois que me non val,
     mais Deus, que sabe ben que ést'assí,
     pois eu morrer, demande-lho por mí.