Muito ben mi podía Amor fazer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Muito ben mi podía Amor fazer
por Vasco Perez Pardal


Muito ben mi podía Amor fazer,
se el quisesse non perder i ren,
mais non quer el e perc'eu ja o sén
e direi-vo-lo que mi vai fazer:
     ven logu'e faz-m'en mia senhor cuidar
     e pois cuid'i muit': ar quer-me matar
     e mia senhor non me quer i valer.

Faz-mi mal e non ouso a dizer
de muito mal que mi faz senón ben,
e, se al digo, faz-m'esto por én,
ou se cuido sol de lh'end'al dizer:
     ven logu'e faz-m'en mia senhor cuidar
     e pois cuid'i muit': ar quer-me matar
     e mia senhor non me quer i valer

E tod'aquesto non poss'eu sofrer
que ja non moira, ca non sei eu quen
non morresse con quanto mal mi ven
d'Amor que mi faz tan muito mal sofrer:
     ven logu'e faz-m'en mia senhor cuidar
     e pois cuid'i muit': ar quer-me matar
     e mia senhor non me quer i valer.

Mais Amor, que m'or'assí quer matar,
dé-lhi Deus quen lhi faça desejar
algún ben en que non haja poder.